Normas de Competición de Percorridos

NORMAS DE COMPETICIÓN DE PERCORRIDOS PARA O ANO 2020

  (Aprobadas na Asemblea Xeral)


NORMAS DE PARTICIPACIÓN NOS CAMPIONATOS AUTONÓMICOS  CLASIFICATORIOS, FINAIS E NACIONAIS  DA SECCIÓN DE  PERCORRIDOS DE TIRO PARA O ANO 2020


 

 NORMAS  PARA  A  PRÁCTICA DE  PERCORRIDOS DE TIRO

 

 

1.CONSIDERACIÓNS XERAIS

 

As  competicións de percorridos de tiro rexeranse  polos regulamentos técnicos oficiais de IPSC en vigor.     

Ademais das normas vixentes de IPSC a FEGATO, como organizadora das competicións no ámbito autonómico, poderá introducir as modificacións ou adaptacións que considere oportunas e necesarias para o seu mellor desenvolvemento.

A clasificación da tirada realizarase co programa informático da Federación Internacional de IPSC ou, no seu defecto, por calquera outro contrastado polo Comité técnico da FEGATO.

 

2.CLUBS

 

Os clubs interesados na práctica desta modalidade deberán estar adscritos á  FEGATO  e inscritos no Rexistro Nacional de Clubs ademais de posuír a habilitación federativa. Solicitar esta habilitación federativa implica ter acreditada a práctica das modalidades da ISSF.

Todos os clubs rexistrados e habilitados para exercer as actividades de percorridos de tiro deberán coñecer e acatar as normas e regulamentos vixentes para esta modalidade.

Obrigatoriamente terán contratado un seguro con cobertura de  responsabilidade  civil e danos a terceiros.   

 

ORGANIZACIÓN DE COMPETICIÓNS

 

Os clubs que desexen organizar competicións desta modalidade, ademais de cumprir coas condicións expostas nos apartados anteriores, deberán enviar con  tempo suficiente, en calquera caso nunca será inferior a un mes antes da celebración da proba,  unha copia completa do programa que se vai realizar, no que deben figurar:

  • Os exercicios que se van realizar co seu esquema
  • Nome do director da competición e relación de árbitros propostos
  • Formulario de inscrición e de reclamación
  • prazo límite de inscrición e todas as demais especificacións necesarias para a realización da competición.

          

Unha vez examinada pola Comisión técnica da FEGATO comunicarase, no prazo máximo de dez (10) días,   a aceptación da proba e do programa, coas modificacións precisas se has houber atendendo sempre á súa adecuación ó regulamento e ós puntos de vista da seguridade.

Encargarase tamén de enviar unha copia do programa da Tirada á FEGATO  e a cada  delegación provincial  para que sexa difundido entre os clubs.

 

3.CARNET HABILITANTE PARA A MODALIDADEDE PERCORRIDOS DE TIRO

 

A RFEDETO a través da súa Asamblea, aprobou que para a práctica da modalidade de PERCORRIDOS DE TIRO se expida na autorización  cuxo custo será de cinco (5,00) euros e que servirá para satisfacer o custo da modalidade ante o propietario lexítimo dos dereitos de autor, a través da RFEDETO. Dito carné será expedido unha vez realizado o “Curso de Iniciación a Práctica de Percorridos de Tiro” ou convalidado pola FEGATO para todos aqueles tiradores que teñan actividade deportiva Provincial/Nacional recoñecida na tempada 2019 e anteriores.

Os tiradores de PERCORRIDOS DE TIRO que dexesen practicar a modalidade, deberán solicitar a acreitación a través do seu clube de pertenza, quenes aboarán a cota de cinco (5,00) euros. A FEGATO remitirá a RFEDETO a relación de tiradores habilitados así como o importe correspondente.

Os cursos de iniciación a practica de percorridos de tiro debe impartilos un entrenador de percorridos de tiro, que dispoña da correspondente licenza federativa en vigor. O temario do curso será facilitado pola FEGATO.

Os clubs que den estes cursos deberán remitir á FEGATO, ó inicio de cada curso, a lista de participantes. Os participantes deberán estar en posesión da licenza federativa antes de incoporarse ó curso, e por conseguinte dados de alta na Mutualidad Xeral Deportiva ou éntidad aseguradora, antes de iniciar os adestramentos e prácticas.

 

4.TIRADORES

 

Todos os tiradores que desexen participar deberán estar afiliados á FEGATO e  asociados a un club que este recoñecido pola REFEDTO para exercer esta actividade no ámbito nacional. Aparte das anteriores e demais normas deberán estar, obrigatoriamente, en posesión da Licenza de Armas tipo F (armas de uso en campos, galerías e polígonos de tiro). Exceptúase os participantes da modalidade action air.

A condición de tirador que practica a modalidade de percorridos de tiro obriga a recoñecer e acatar todas as normas e regulamentos en vigor.

 

Participación de deportistas extranxeiros

 

A participación de deportistas extranxeiros nas Competicións Oficiais  rexirase, ademáis do establecido no  Regulamento de Réximen Interior, polos seguintes apartados:

 

- Deportistas Residentes en España:

A súa participación queda condicionada ós mesmos requisitos exigidos ós tiradores galegos: marcas mínimas, Licenza Federativa do ano do curso, etc.

 

Nas clasificacións individuais non poderán proclamarse campións, subcampións ou terceiro, si bien aparecerán na acta de resultados no posto que houberan obtido.

Deberán estar en posesión de TARXETA EUROPEA DE ARMAS ou en caso contrario obter autorización das autoridades españolas para a entrada e saida das armas.

Estarán en posesión da acreditación habilitante para a modalidade de PERCORRIDOS DE TIRO da RFEDETO.

 

- Deportistas Non  Residentes en España:

A) Comunitarios: Poderán participar en competicións oficiais, tanto a título individual como formando parte de equipos de clubs en aqueles casos que a lexislación particular o permita, sempre que demostren a súa afiliación a Entidad Deportiva que desexen representar e estean en posesión da Licenza federativa.

Nas  clasificacións individuais non poderán proclamarse campión, subcampión o terceiro, nin participar en final olímpica, si bien aparecerán na acta de resultados no posto que houberan obtido.

Deberán estar en posesión da Tarxeta Europea de Armas o en caso contrario obter autorización das autoridades españolas para a entrada e salida das armas.

 

B) Non Comunitarios: Non poderán participar en competicións oficiais de ámbito estatal.  Exclusivamente e dentro de acordos puntuais,  poderase permitir a participación de extranxeiros  non comunitarios e non residentes fora de concurso e previa invitación da FEGATO,  tendose en conta  en cada momento o principio de reciprocidade internacional. En ningún caso poderan participar na final olímpica. Deberán estar en posesión da Tarxeta Europea de Armas o en caso contrario, obter permiso das autoridades españolas para a entrada e salida das suas armas.

 

 

4.1. CLASES DE TIRADOR

As Clases de tirador Para a  Modalidade de IPSC son as seguintes

  • “Juniors” entre os 18 e os 20 anos                                “Juniors” entre os 18 e os 20 anos.
  • “ Donas” a partir dos 21 anos de idade                        “Donas” Competidoras do xénero feminino.
  • “Xeral” dende os 21 aos 50 anos                                   “Xeral” Competidores dende 21 aos 49 anos.
  • “ Sénior” dende os 51 aos 60 anos                                “Seniors” Competidores dende os 50 aos 59 anos.
  • “ Súper Sénior” a partires dos 61 anos                         “Súper Sénior” a partires dos 60 anos.

 

 

Cambios de clase de tirador

 

Todos os tiradores cambiarán de Clase  no mesmo ano no que cumpran a idade mínima fixada. Os tiradores que pasen  a Clase Sénior, teñen a posibilidade de renunciar a dita Clase  mediante solicitude por escrito á FEGATO.

A renuncia en favor da permanencia na Clase Xeral haberá de realizarse antes do día 30 de Novembro do ano en curso. O incumpremento deste requisito en tempo e forma invalidará a pretensión do tirador, non pudendo ser inscrito na categoría Xeral.

Unha vez efectuada a renuncia á Clase de Sénior manteráse a de Xeral ata nova solicitude de cambio de categoría.

Os tiradores que desexen participar en clases de idade superior a que posúen, excepto na de Sénior, deben comunicalo á FEGATO antes de participaren en calquera competición que esta organice e renunciar á que posúe non podendo participar, durante o ano,  noutra distinta  á que elixiu.

 

5.DIVISIÓNS

 

Ipsc Handgun, Establécense as seguintes divisións: 

  • Open
  • Estándar
  • Producción
  • Classic
  • Producción optics

 

 

Ipsc Shotgun:

  • Escopeta Open
  • Escopeta Estándar
  • Escopeta Estándar Manual

   

Mini Rifle:

  • Mini Rifle Open
  • Mini Rifle Estandar

 

 

 

Action Air:

  • Open
  • Estandar
  • Clasica
  • Producción

 

 

Celebrarase o campionato galego de cada unha destas divisións,  sempre que haxa inscritos un  mínimo de seis (6)  tiradores en  cada unha delas.

As competicións de IPSC rexeranse, no concerninte a idade de cada Clase,  polo seu regulamento                          

Recoñecerase a clase de tirador, excepto na categoría Junior,  cando haxa,  como mínimo,  unha inscripción de tres tiradores. De non ser así agruparase na categoría anterior. 

 

6.TROFEOS

                           

 Establécense  os seguintes trofeos,  mínimos atendendo o nivel de participación :

 

Individual :

 

  • 1 a 4 tiradores        1º                   Diploma
  • De 1 a 7 tiradores   1º                   Trofeo e Diploma

                                        2º ,3º,4º,5º,6º  Diploma

  • De 1 a 9 tiradores  1º e 2º            Trofeo e  Diploma

                                        3º, 4º,5º,6º      Diploma                                                                                                          

  • De 10 en diante      1º 2º e  3º       Trofeo e Diploma

                                        4º, 5º e  6º      Diploma 

 Equipos:  

  • 3 equipos                1º                    Diploma

                                        2º                   Diploma

  • De 4 a 6                  1º                   Trofeo e Diploma

                                        2º, 3º e 4º       Diploma

  • De 6 en diante        1º 2º e  3º       Trofeo e Diploma

                                        4º, 5º e  6º      Diploma                                          

          

A  organización,  ademais dos anteriores,  poderá establecer os trofeos de cortesía  que considere oportunos.

Ó finalizar a  competición procederase á entrega dos trofeos.

 

7.COMPETICIÓNS

          

Antes do comezo da competición deberase expoñerse en lugar visible e accesible a todos os participantes a seguinte información:

 

  • Identificación do match director, do ranger master, dos ranger officers designados e do delegado federativo da FEGATO
  • Relación de participantes e composición das escuadras.
  • Relación dos equipos e os seus compoñentes.
  • Cadro de distribución de escuadras por Stages e horarios de comezo.
  • Composición do xurado de competición.

 

Tamén deberán figurar os premios, que se entregarán atendendo á participación, por categoría das armas e de tirador.

 

7.1. INSCRICIÓNS NOS CAMPIONATOS AUTONÓMICOS CLASIFICATORIOS E FINAIS

As inscricións, tanto individuais como por equipos, faranse a través do club ó que pertence o tirador, na aplicación web da Fegato ou na dirección de correo licencias@fegato.es, no caso de que non fora posible por problemas técnicos nesta apliación.                                               

As cotas de inscrición, individuais e por equipos,  serán fixadas polo club organizador e o seu importe estará  en función dos gastos que se  orixinen debido ás características da montaxe, o número de exercicios do percorrido, os de organización,  persoal de apoio e trofeos.

Os gastos, que serán por conta  do club organizador, serán aboados con cargo ós ingresos  por  inscricións.

Para o non contemplado nestas e como ampliación  delas estarase ó disposto nas:

- Regras da INTERNATIONAL PRACTICAL SHOOTING CONFEDERATION (I.P.S.C.)

- Normas técnicas para a práctica de Percorridos de Tiro de RFEDETO.

 

7.2. CAMPIONATOS AUTONÓMICOS / CAMPIONATO GALEGO

Os clubes para poder organizar o Campionato Autonómico / Galego deberán estar inscritos na FEGATO e ter abonado o canon federativo do ano en curso.

Os clubs poderán presentar tantos equipos como desexen.

Para formar parte dun equipo os tiradores terán que estar inscritos no campionato de forma individual

Os tiradores que participen só poderán representar o club que figure na súa licenza federativa

Soamente haberá unha clasificación por equipos de cada división.

Para que se leve a cabo terá que haber inscritos como mínimo  tres equipos de clubs.

 

AXUDAS NO CAMPIONATO GALEGO

No campionato Galego establecensé, sempre que haxa unha participación mínima de 10 tiradores ou máis, as seguintes axudas por División:

  • O Campión Galego:      90,00 €
  • Subcampión Galego:    75,00 € (sempre que acade ou supere  o 97% de efectividade na clasificación xeral )
  • Terceiro clasificado:     50,00 € (sempre que  acade ou supere o 95% de efectividade na clasificación xeral )

 

Para percibir as axudas programadas os tiradores teñen que cumprir co disposto no artigo 3 do Estatuto de Autonomía para Galicia.

 

CAMPIONATOS AUTONÓMICOS  FASES PRELIMINARES CAMPIONATOS DE ESPAÑA

 

Para o ano 2020 terán recoñecemento de Fases Preliminares dos Campionatos de España e  serán consideradas  pola RFEDETO validas os efectos de renovación de 1ª ou ascenso a 1ª categoría da Licenza de Armas Tipo “F”   as Fases Finais das Modalidades seguintes:

 

  • Percorrido de Tiro en todas as División 

 

 

 

 

AXUDAS PARA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE PERCORRIDOS DE TIRO

 

FORMACIÓN DE EQUIPOS

 

 

1.INSCRICIÓNS (FASES DA COPA PRESIDENTE E CAMPIONATO DE ESPAÑA)

 

Os tiradores interesados en presentarse a estas competicións deberán formalizar as súas inscricións a través do club ó que pertenzan, e o club as remitirá a FEGATO, a través da aplicación correspondente ou por email (galega@fegato.es), no caso de non ser posible o uso da aplicación.

Deberanse formalizar as inscricións na FEGATO 72 horas antes de que finalice o prazo sinalado pola RFEDETO para ás Federacións Autonómicas. Rematado este prazo seguiranse admitindo inscricións ata que remate o prazo dá Nacional pero estes tiradores xa non formarán  parte dos equipos Galegos que se formen.

Os importes das inscricións, que poderán consultarse na páxina da RFEDTO, deberán ser ingresados na conta da Federación Galega número ES83 2080 5500 4130 4011 3430 (Abanca), antes de que remate o prazo de inscripción. O xustificante de ingreso enviarase xunto ca inscrición.

Para o non contemplado nestas e como ampliación  delas estarase ó disposto nas:

- Regras da INTERNATIONAL PRACTICAL SHOOTING CONFEDERATION (I.P.S.C.)

- Normas técnicas para a práctica de Percorridos de Tiro de RFEDETO.

 

2.FORMACIÓN DE EQUIPOS E  AXUDAS PARA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA

                                                         

2.1. AXUDAS

As axudas  programadas para as distintas probas dun campionato non serán acumulables, obtendo o tirador a de maior contía.

 

2.1.1. INDIVIDUAIS

Os tiradores que nos Campionatos de España acaden unha medalla a nivel individual recibirán as  axudas seguintes:

  • Medalla de Ouro:   100,00 €
  • Medalla de Prata:     75,00 €
  • Medalla de Bronce:  50,00 €

 

 

2.1.2. EQUIPOS

A  FEGATO, sempre que o estime conveniente, en base ó nivel dos posibles asistentes e si as condicións económicas o permitan, enviará un (1) equipo galego por división que represente a Galicia nos campionatos de España.

 

Para poder formar parte do equipo Galego os tiradores deberán ter a mesma categoría deportiva na RFEDETO que na FEGATO, de non ser así non serán seleccionados para a formación de equipos galegos nos campionatos  nacionais.

Na modalidade de Percorridos de Tiro, para formar equipo que represente a esta Federación nos Campionatos de España nas distintas divisións terán que participar, no último Campionato Galego celebrado, un mínimo de 12 tiradores en cada división e que os 4 integrantes do equipo superen o 80 % de efectividade.

Os equipos da FEGATO estarán compostos por catro tiradores e formaranse da seguinte maneira: os compoñentes serán os tres primeiros clasificados coas puntuacións mais altas no último Campionato Galego celebrado; o cuarto compoñente designarase a criterio da FEGATO.

A cota de inscrición dos equipos galegos será con cargo á FEGATO.

Un tirador representará a Galicia cando así o propoña a FEGATO mediante a súa inscrición oficial.

Os tiradores que representen á Federación Galega de Tiro Olímpico, deberán utilizar a uniformidade tanto a nivel individual como por equipos, finalizar a competición e no caso que resulte clasificado esperar á entrega de trofeos e  recibir a honra que lle corresponda.  De non facelo así se entenderá que renuncia á axuda.

Os compoñentes do equipo galego participantes no Campionato de España representando a Galicia terán as seguintes  bolsas de axuda  para desprazamentos e estancias:

 

  • Na Comunidade Autonómica:    100,00 €
  • Hasta 300 km:                                          270.00 €
  • De 301 a 600 km:                       300.00 €
  • De 601 a 900 Km:                      330.00 €
  • Mais de 900 Km:                        360.00 €

                                                                                                                        

A distancia será a que haxa entre a sede da FEGATO en Lugo e o campo de tiro onde se celebre a competición.

 

Formación Equipos Incompletos

No caso de que só  “un” ou ”dous”  tiradores  cumpran coas condicións do punto anterior, a FEGATO podería  completar o equipo  cos tiradores  inscritos que teñan o máximo porcentaxe aínda que  non alcanzasen  o 80% de efectivadade. 

A estes tiradores, que completan o equipo, abonaráselles 50 €, e ademais o importe das medallas individuais e a medalla de equipo de maior valor (as medallas de equipo no son acumulables).

 

O importe das medallas, tanto individuais como de equipo, sería o seguinte:

 

  • Medalla de Ouro:   100,00 €
  • Medalla de Prata:     75,00 €
  • Medalla de Bronce:  50,00 €

             

Os compoñentes do equipo galego que resulten clasificados deberán esperar a entrega de trofeos e recibir a honra que lles corresponda. Proporcionaráselles vestimenta con anagramas da FEGATO, que deberán usar, obrigatoriamente, na entrega de trofeos, medallas ou diplomas.

 

 

 

Formacion Equipos “A Petición Propia”

A FEGATO , a petición dos tiradores inscritos, poderá  formar equipos  que a representen nos Campionatos de España.

Os tiradores interesados, e que cumpren as condicións xerais para formar equipo, deben solicitar por escrito a súa vontade de formar equipo sabendo que non teñen dereito a axuda.

 A  FEGATO  só  aboaría os gastos de inscrición dos equipos. 

Os tiradores destos  equipos recibirán como axuda  o importe das medallas individuais e a medalla de equipo de maior valor (as medallas de equipo no son acumulables). 

O importe das medallas, tanto individuais como de equipo, sería o seguinte:

  • Medalla de Ouro:   100,00 €
  • Medalla de Prata:     75,00 €
  • Medalla de Bronce:  50,00 €

 

 

Os compoñentes do equipo galego que resulten clasificados deberán esperar a entrega de trofeos e recibir a honra que lles corresponda. Deberá usar obrigatoriamente, na entrega de trofeos, uniformidade da FEGATO, se dispoñen dela.

 

 

2.2. OUTRAS AXUDAS

Axuda individual cando non se forma equipo para os Campionatos de España

Se por falta dos tiradores necesarios ou porque a FEGATO decidiu non completalo non se forma equipo, o tirador ou os  tiradores  superaran o 80% de efectividade terán as mismas axudas  que  os tiradores dos equipos completos.

 

Copa Presidente

Na Copa Presidente percibirán axuda os que a final destas cumpran as seguintes condicións:

 

  • 400.00.- € - os que asistan a catro *fases e obteñan podio en al menos tres de elas (sempre que haxa un número mínino de 5 tiradores), ou queden no Ranking Nacional entre os oito primeiros postos.
  • 300.00.- € - os que asistan a tres *fases e obteñan podio en, a lo menos, dúas de elas (sempre que haxa un número mínimo de 5 tiradores), ou queden no Ranking Nacional entre os oito primeiros postos.

 

                        (*nas fases conta o campionato de España)

 

Axuda Extraordinaria

Cando un tirados obteña unha puntuación notable nalgunha das competición recoñecidas e tuteladas pola FEGATO e non lle corresponda axuda, por no cumprir os requisitos de participación, por non haberse celebrado o campionato galego e carecer do correspondente baremo ou por calquer outra causa, poderá solicitar á FEGATO una axuda extraordinaria; a Xunta Directiva decidirá si concederlla ou no e, en caso afirmativo, establecerá a cuantía da mesma.

 

 

 

2.3. DISPOSICIÓNS XERAIS  

A xunta directiva da FEGATO, previa aprobación da comisión delegada, poderá aumentar  ou diminuír as axudas segundo as disposicións económicas.

Os tiradores que representen á Federación Galega de Tiro Olímpico, deberán utilizar a uniformidade tanto a nivel individual como por equipos, finalizar a competición e no caso que resulte clasificado esperar á entrega de trofeos e  recibir a honra que lle corresponda,  de non facelo así se entenderá  que renuncia á axuda.

A negativa a formar equipo sen causa xustificada ou o incumprimento das normas anteriores suporá a non percepción da axuda correspondente así como o veto para formar equipos que representen a Federación Galega de Tiro Olímpico.

Para percibir as axudas programadas os tiradores teñen que cumprir co disposto no artigo 3 do Estatuto de Autonomía para Galicia.

 

 

2.4. AXUDAS O DELEGADO FEDERATIVO

 

De non acudir o Presidente ou Vicepresidente dá Sección de Percorridos de Tiro,  a FEGATO poderá, ao seu criterio,  nomear a un Delegado Federativo que a represente no campionato designado coa obriga de exercer as funcións encomendadas. Unha vez finalizada a competición deberá, á maior brevidade posible, remitir informe do desenvolvemento do Campionato para constancia da FEGATO.

Se o Delegado Federativo é compoñente dos equipos da Federación Galega de Tiro Olímpico, aboaránselle unha axuda de custo reducida por cada día de competición mais outro polo día anterior ó inicio da Competición.

De non ir formando parte do equipo, aboaránselle, ademáis, os gastos de desprazamento.