Cambios de tarifas para o 2021

Cambios de tarifas para o 2021

Ante a difícil situación na que nos atopamos e co fin de axudar a paliar os efectos da pandemia, a Federación Galega de Tiro Olímpico decidiu, en acordo asembleario, as seguintes medidas para o ano 2021:

  • As licenzas solicitadas por primeira vez na modalidade de tiro ao prato, que custaban 66 €, terán un custo de 26 €
  • A taxa de 40 € da proba de obtención de licenza F non se cobrará
  • A inscrición nos Campionatos Provinciais, que custaba 10 €, será de 6 €
  • A inscrición nos Campionatos Galegos, que era de 10 €, será gratuíta

Compartir post