Nova funcionalidade sms/email da Garda Civil

Nova funcionalidade sms/email da Garda Civil

A Xefatura de Armas, Explosivos e Seguridade da Garda Civil, infórmanos de que está a implementar unha nova funcionalidade no sistema informático que xestiona o Rexistro Nacional de Armas que se utilizará para manter informados os usuarios sobre temas relacionados coas armas e/ou explosivos que sexan do seu interese, tales como avisos sobre próximas caducidades das súas licenzas, visados ou calquera outro tipo de comunicación relevante.

Indícannos que a canle de envío das devanditas comunicacións será a través de SMS e/ou correo electrónico, eliminando desta maneira as comunicacións por correo postal que viñan realizando, conseguindo así unha comunicación máis rápida, áxil e eficaz co cidadán, á vez que se consegue un aforro importante de papel e mellor xestión de recursos humanos.

 
 

Compartir post