Cambios importantes no calendario de precisión

Cambios importantes no calendario de precisión

Cambiouse a ubicación, e nalgúns casos tamén a data, dos seguintes campionatos provinciais de Pontevedra:

  • O Cto Provincial de Aire Estándar pasará a celebrarse o 25/02/2024 no C. T. O. Laracha, co provincial de Coruña da mesma modalidade.
  • O Cto Provincial de Aire Velocidade pasará a celebrarse o 21/04/2024 na R. S. D. Hípica, co provincial de Coruña da mesma modalidade.
  • O Cto Provincial de Pistola Fogo Central pasará a celebrarse o 24/03/2024 no C. T. O. Laracha, co provincial de Coruña da mesma modalidade.
  • O Cto Provincial de Carabina 3×20 pasará a celebrarse o 08/06/2024 na S. T. O. A Rega, co provincial de Coruña da mesma modalidade.
  • O Cto Provincial de Armas Históricas pasará a celebrarse o 25/02/2024 no C. T. O. Eiroás, co provincial de Ourense da mesma modalidade.
  • O Cto Provincial de Pistola Estándar, pasará a celebrarse o 10/03/2024 no C. T. O. Laracha, co provincial de Coruña da mesma modalidade. Aínda que esta competición está previsto celebrala o día 10 pola mañá, se o número de inscritos nos dous provinciais é moi elevado, podería ampliarse ao domingo pola tarde, ou celebrarse parte da mesma o sábado.

Ademais, o Cto Gallego de Armas Históricas, que se celebrará o 17/03/2024, como estaba previsto, pasará a celebrarse no C. T. O. Eiroás.

Compartir post