Competicións oficiais

Calendario do ANO

Nos campionatos/probas poderán participar todos os tiradores que teñan licenza federativa do ano en curso.
Os tiradores interesados en presentarse a estas competicións deberán formalizar as súas inscricións a través do club ó que pertenzan (o que figura na súa licenza federativa).
Para ampliar a información sobre as normas dos campionatos/probas, consultar a normativa de precisión.

Son válidos para acceder ós Campionatos Autonómicos Fases Finais, para o ascenso a 2ª categoría e para a renovación de 2ª e 3ª categoría.

O prazo de inscrición remata 6 días antes da data de celebración do campionato  establecéndose como hora de peche as  13:00 horas.

A cota de inscrición, que debe abonarse antes do fin do prazo de inscrición, é de 6,00 €.

IMPORTANTE: Os provinciais de Pontevedra de aire estándar, aire velocidade, pistola fogo central, carabina 3×20, pistola estándar, p. deportiva donas e pistola libre celebraranse cos provinciais da Coruña, o  de armas históricas celebrarase co provincial de Ourense e o de pistola 9 mm celebrarase no Aeroclub de Lugo. Consultar as tandas na provincia correspondente.

Instalacións:
Modalidade:
Provincia:

Son válidos para a renovación e o ascenso de categoría (3ª a 2ª) da licenza de armas tipo “F”, agás nas modalidades de Armas Históricas e Aire Comprimido. Son válidas para a renovación e o ascenso a 1ª categoría aquelas modalidades recoñecidas como Fases Preliminares dos Campionatos de España.

O prazo de inscrición remata 6 días antes da data de celebración do campionato  establecéndose como hora de peche as  13:00 horas.

Nas modalidades de precisión a inscrición é gratuita, agás no caso do Campionato de Equipos de Club de Pistola Aire, no que a cota de inscrición é de 30 € por equipo. En FClass a cota de inscrición estableceraa o club organizador e aboarase directamente o club.

Instalacións:
Modalidade:
Provincia:

Poderán participar  todos os tiradores que teñan Licenza de Armas  Tipo “F” de 3ª categoría e que desexen ascender a 2ª categoría.

O prazo de inscrición remata 6 días antes da celebración do campionato establecéndose como hora de peche as 18:00 horas. Non hai cota de inscrición.

Instalacións:
Modalidade:
Provincia:

Os tiradores federados interesados en presentarse a unha proba para a obtención da Licenza de Armas de Concurso Tipo “F” deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter cumpridos os 18 anos.
  • Levar federado un mínimo de 1 mes.
  • Facer un curso de preparación para a práctica do tiro deportivo con armas de fogo, nun club que dispoña das instalacións regulamentadas para realizar os adestramentos necesarios. Deberá adxuntarse o certificado correspondente no momento de inscribirse para a proba.

As persoas que xa tiveron licenza de armas tipo “F”, “A” ou “C” no terán que cumplir os dous últimos requisitos, sempre que presenten o último permiso de armas.
As persoas con licenza tipo “F” en vigor non poderán realizar o exame; deberán solicitar, perante a súa Intervención de Armas, a renuncia do permiso e unha vez obtida xa poderán examinarse.

O prazo de incripción finaliza o mércores da semana anterior á data fixada para o exame, establecéndose como hora de peche as 23,00 horas. A cota de inscrición é de 40 € para os dous primeiros cuatrimestres do ano; o último cuatrimestre a inscrición é gratuíta.

Instalacións:
Provincia:

Instalacións:
Relevantes: Tipo:
Modalidade:
Provincia: