Modalidades

ARMAS históricas

Esta modalidade componse de probas nas que se utilizan armas de orixe ou réplicas que representan os diversos sistemas de aceso (mecha, pedernal ou percusión). As armas, curtas ou longas, utilizan unicamente pólvora negra.

Arma curta

Efectúanse 13 disparos a unha distancia de 25 ou 50 metros, en posición de pé, sobre os brancos I. S. S. F. de pistola para 50 metros. Os dez mellores impactos puntúan para a clasificación. As armas utilizadas son a pistola de pedernal ou percusión e os revólveres de percusión.

Pistola, libre, de percusión, dun só tiro (orixinal e réplica), estriada, cualquera calibre, posición de pé, distancia 25 metros, branco I.S.S.F. de pistola para 50 metros.

Revólveres de percusión libres (só réplicas), canón estriado, posición de pé, distancia 25 metros, branco I.S.S.F. de pistola para 50 metros.

Revólveres de percusión libres (só orixinais), canón estriado, posición de pé, distancia 25 metros, branco I.S.S.F. de pistola para 50 metros.

Pistola, libre, de pedernal e ánima lisa, dun só tiro (orixinal e réplica). Calibre mínimo 11 mm, posición de pé, distancia de 25 metros, branco I.S.S.F. de pistola para 50 metros.

Pistola de mecha libre (orixinal e réplica), canón de ánima lisa e cualquier calibre nas de estilo xaponés, posición de pé, distancia de 25 metros, branco I.S.S.F. de pistola para 50 metros.

Arma curta libre (pistola ou revólver). Posición de pé, distancia 50 metros, branco I.S.S.F. de pistola para 50 metros.

Arma longa 50 metros

As armas utilizadas son fusís ou carabinas de canón liso ou rayado, de percusión, de pedernal ou mecha, según as probas.

Calquera mosquete de mecha, pedernal ou rifle de percusión (orixinal ou réplica), posición de pé, distancia de 50 metros, branco I.S.S.F. de pistola para 50 metros.

Mosquete militar de pedernal e ánima lisa (orixinal o réplica), canón liso, posición de pé, distancia de 50 metros, branco francés de fusil militar para 200 metros.

Mosquete de mecha libre de ánima lisa de calquer calibre en clasificación réplica. Posición de pé, distancia de 50 metros, branco francés de fusil militar para 200 metros.

Mosquete de mecha de apoio en fazula, ánima lisa, de calquer calibre en clasificación orixinal. Mosquete de mecha libre de ánima lisa de calquer calibre en clasificación réplica. Posición de xeonllos, distancia 50 metros, branco francés de fusil militar para 200 metros.

Fusil libre de faísca, calquer calibre. Posición de pé, distancia 50 metros, branco I.S.S.F. de pistola para 50 metros.

Rifle militar de percusión de calibre superior a 13,5 mm (.531). Posición de pé, distancia 50 metros, branco I.S.S.F. de pistola para 50 metros.

Arma longa 100 metros

As armas utilizadas son fusís ou carabinas de canón liso ou rayado, de percusión, de pedernal ou mecha, según as probas.

Fusil libre de faísca de calquier calibre, orixinal e réplica.

Fusil militar de percusión, calibre superior a 13,5 mm, orixinal e réplica.

Rifle de percusión que non poida usarse en Minié, orixinal e réplica.

Rifle de percusión libre ou militar, orixinal e réplica, só damax.

Probas de Prato

Nas modalidades de prato dispáranse 2 series en 60 minutos cada unha e de 25 pratos en 5 postos de tiro. Existe a versión reducida de só 25 pratos, usada nas Fases da Copa Presidente.

Escopeta libre de faísca de calquer calibre, orixinal e réplica.

Escopeta libre de percusión de calquer calibre, orixinal e réplica.

Modalidades de Cartuchería Metálica de pólvora negra

Arma curta libre (pistola ou revólver), orixinal ou réplica, calibre superior a 9 mm, utiliza cartuchos cargados únicamente con pólvora negra, posición de pé, distancia 25 metros, branco I.S.S.F de pistola para 50 metros.

Arma longa libre, orixinal ou réplica. Admítense todos os cartuchos concebidos na súa orixe para pólvora negra, excluíndose calquera outro. Aínda que na súa época existiron armas do calibre .22 anular de pólvora negra, non está permitido o seu uso nestas competicións. Posición de pé, distancia 50 metros, branco I.S.S.F. de pistola para 50 metros.

Modalidade ad de 100 metros para carabina ou fusil con cartucho metálico de pólvora negra, orixinal ou réplica.