Benvida

Esta páxina web da Federación Galega de Tiro Olímpico, que pretende ser un lugar de encontro para tódalas persoas que amamos o deporte do tiro, edítase coa pretensión de facilitar ós tiradores o coñecemento de normas, regulamentos e calendarios que rexerán a actividade deportiva en Galicia, ó mesmo tempo que se convida ó resto de persoas interesadas neste deporte para que nos poidan coñecer e compartir connosco a actividade deportiva programada.

Tamén se ofrece a posibilidade de comentar e opinar sobre os contidos da devandita páxina, ó tempo que se agradecen as ideas e opinións encamiñadas a mellorar, tanto a páxina, como a programación deportiva de cara a vindeiras edi