Iniciación Precisión

INICIACIÓN AO DEPORTE DO TIRO DE PRECISIÓN

Para a práctica de calquera actividade deportiva é imprescindible estar en posesión da licenza federativa de precisión do ano en curso.
A tramitación desta licenza, a alta na Federación Galega de Tiro Olímpico e a formación adecuada para a práctica das distintas especialidades deportivas será levado a cabo polos clubs de tiro federados, que facilitarán as instalacións e as armas necesarios aos seus socios.

PRECISIÓN

ARMAS HISTÓRICAS

FCLASS

ALTA PRECISIÓN

    REQUISITOS ARMAS HISTÓRICAS

  • Avancarga
    • Licenza de armas tipo AE ou AER
  • Cartuchería metálica

    REQUISITOS PRECISIÓN

  • Armas de fogo curtas e longas, olímpicas e deportivas
  • Armas de aire curtas e longas, olímpicas e deportivas
    • As modalidades de aire comprimido son as recomendadas para a iniciación en tiro olímpico, a través das distintas escolas de tiro existentes. Dentro do aire comprimido hai modalidades olímpicas e deportivas, nas que se tira con arma curta e longa e que pódense practicar a partir dos 9 anos.

LICENCIA F

Os tiradores federados interesados en presentarse a unha proba para a obtención da Licenza de Armas de Concurso Tipo “F” deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter cumpridos os 18 anos
  • Estar en posesión da Licenza Federativa do ano en curso
  • Levar federado un mínimo de 1 mes
  • Facer un curso de preparación para a práctica do tiro deportivo con armas de fogo, nun club que dispoña das instalacións regulamentadas para realizar os adestramentos necesarios

As persoas que xa tiveron licenza de armas tipo “F”, “A” ou “C” non terán que cumplir os dous últimos requisitos, sempre que presenten o último permiso de armas.
As persoas con licenza tipo “F” en vigor non poderán realizar o exame; deberán solicitar, perante a súa Intervención de Armas, a renuncia do permiso e unha vez obtida xa poderán examinarse.
A inscripción neste tipo de probas deberá facela o tirador no seu club.

Curso de preparación para as probas de obtención de licenza F

Os cursos de preparación para as probas de obtención de licenza F debe impartilos un entrenador de precisión, que dispoña da correspondente licenza federativa en vigor.

Os cursos constarán de dúas fases:

Impartiranse catro sesións de 50 minutos cada unha delas. Algunhas das materias sobre teoría do tiro poden ser impartidas directamente na mesma galería durante o desenvolvemento da fase práctica, diminuíndo así o número de sesións teóricas a impartir na aula. Trataranse os seguintes temas:

  1. Aspectos do tiro deportivo
  2. Seguridade e comportamento no manexo das armas.
    Durante o transporte.
    No posto de tiro.
    Voces para o comezo e fin dos disparos.
    Normas básicas de comportamento durante as competición.
  3. Armas e municións.
    Armas de fogo e a súa clasificación.
    Municións
    Calibres.
  4. Nocións de tiro.
    Posición do tirador.
    Empuñamento.
    Elementos de puntería, como apuntar unha arma, erros máis comúns.
    Agrupación e dispersión dos disparos
  5. Preparación do tirador.
    Preparación física, mental, técnica e táctica.
  6. Especialidades do tiro deportivo.
    Precisión

    • Probas olímpicas e probas deportivas. Armas Históricas.
    • Percorridos de Tiro.
    • Bench Rest (Alta Precisión).
    • F-Class (Fusil Larga Distancia).
  7. Normativas deportivas, obtención, ascenso e mantemento de clase, renovación de licenzas e baixas.
  8. Reglamentación vixente.
  9. Extracto do Reglamento de Armas, referente a Armas de Concurso.
    • Licenza Tipo F.
    • Tenencia e uso de armas de concurso, clases. Prazo de validez da licenza.
    • Guía para armas de concurso, expedición.
    • Clasificación das armas.
    • Pérdida da habilitación deportiva e do dereito á licenza F.

    Seguridade das armas en domicilios particulares.
    Extravío ou robo das armas das guías de pertenencia.
    Recarga de cartuchería por particulares, normas.
    Medidas mínimas de seguridade das caixas fortes para a guarda e custodia das armas en domicilios particulares.

Un mínimo de 6 horas, 8 en caso de ser impartidas na galería materias correspondentes á fase teórica. Incluirá:

  1. Efectuar uns 150 disparos por alumno do calibre .22 (5,6 mm).
  2. Tiro en galería, aplicación do programa teórico.
  3. Corrección de erros polo entrenador.
  4. Según alumno e capacidade de adaptación ó deporte do tiro, poderanse impartir as horas e disparos necesarios antes de ser presentados ó examen práctico.

Ó rematar o curso, o club das instalacións onde se impartiu, emitirá un certificado de aptitude dos tiradores que o superaron, firmado polo entrenador que o impartiu e co visto e prace do secretario ou do presidente do club.