ALTA PRECISIÓN
Esta especialidade, previa aceptación do Consello Superior de Deportes en febreiro de 1996, foi incorporada pola Real Federación Española de Tiro Olímpico (RFEDETO) ás súas actividades deportivas co nome de Alta Precisión (Bench Rest). Dita especialidade réxese polos regulamentos técnicos e demais disposicións que establece a World Benchrest Shooting Federation (WBSF), cuxa única representación en España ostenta a RFEDETO.
A especialidade de Bench Rest ou tiro apoiado de alta precisión naceu en Estados Unidos a mediados do século XX.
Co fin de fomentar a especialidade de Alta Precisión pero con calibres pequenos (22 LR), en 2014 a RFEDETO adheriuse á World Rimfire and Air Benchrest Federation (WRABF), incorporando, tamén, as modalidades de aire comprimido.
A competición consiste na realización de 3 series de 25 dianas de puntuación cada serie, realizando un disparo en cada diana, á distancia de 50 metros cunha carabina calibre .22 LR de percusión anular, cun tempo de 20 minutos por serie, debidamente apoiados e buscando obter a maior puntuación posible.
A competición consiste na realización de 3 series de 25 dianas de puntuación cada serie, realizando un disparo en cada diana, á distancia de 25 metros cunha carabina de aire calibre .177, .20 o .22, con potencia máxima de 16,27 xullos para a modalidade de Varmint Lixeiro e de potencia máxima de 24 xullos para a modalidade de Varmint Pesado, cun tempo de 20 minutos por serie, debidamente apoiados e buscando obter a maior puntuación posible.