F-CLASS
O obxectivo do tiro nesta especialidade deportiva é alcanzar o centro dun branco estático (V-Bull), a unha distancia que depende da modalidade, podendo chegar a ser de ata 1.000 metros.
Utilízanse rifles dotados dun visor telescópico, cuxas características dependen da modalidade. Tírase en posición de tendido aínda que se permite apoiar a arma en bípodes ou torretas e saquetes.
Todas as modalidades desta especialidade están reguladas pola ICFRA (International Confederations of Fullbore Rifle Associations).
Pode utilizarse calquera rifle de calibre igual ou inferior a 8mm equipado con visor telescópico sen límite de aumentos. Para soporte dianteiro pódese utilizar unha torreta. O peso de arma con visor non pode ser superior a 10 kg.
Úsanse rifles do calibre .308 ou .222 equipados cun visor telescópico sen límite de aumentos e bípode dianteiro. O peso do conxunto de arma e accesorios unidos a ela non pode ser superior ao 8,250 kg.
Pode usarse calquera carabina de fogo anular (.22 LR, .22 Magnum, .17 Match2, .17 HMR) e calquera carabina match ou standard, equipadas con visor telescópico sen límite de aumentos. Pódese utilizar unha torreta para soporte dianteiro. O peso de arma con visor non pode ser superior a 8 kg.
Carabina lixeira do calibre .22 LR sen modificacións importantes e equipadas cun visor telescópico sen límite de aumentos así como dun bípode dianteiro. O peso do conxunto de arma e accesorios unidos a ela non pode ser superior ao 4,700 kg.